Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2018

O Centro de día de maiores de Leiro foi seleccionado como unha das obras finalistas no Premio Galego de Arquitectura 2018.

A Xunta de Galicia premia aos mellores proxectos arquitectónicos de edificacións realizados nos últimos anos nos eidos da arquitectura e a rehabilitación a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se galardoa a traxectoria profesional dunha persoa arquitecta no territorio galego.

O obxectivo dos premios é o impulso á excelencia da nosa arquitectura e a rehabilitación recoñecendo a calidade das edificacións rematadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, tanto de obra nova como de rehabilitación. Especial mención merecen os premios especiais de sustentabilidade e á traxectoria profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co medio ambiente en consonancia cos programas europeos e o Horizonte Europa 2020. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego.

As obras finalistas na categoría do Premio galego de arquitectura son:

EDAR Lagares. Vigo

Nova Sede Servizos Centrais de Finsa. Santiago de Compostela

Aparcamento en Rúa Xuiz Falcone. Noia

Campus da Auga. Ourense

Centro de día de maiores de Leiro

Casa C. Vivenda unifamiliar. Cee

Centro Sociocultural Romaño Vista Alegre. Santiago de Compostela

Vivenda Unifamiliar. Oleiros